Obradoiro de outono: A pátina do tempo

Actualizado 01/10/2015 00:00

museo de pontevedra

Este obradoiro complementa para nenos e nenas, de entre 7 e 12 anos, a exposición temporal Senso Sublime, do artista galego Sergio Portela.

Nel empregaranse distintas técnicas pictóricas para imitar, sobre escaiola, o aspecto de envellecemento que adquiren as obras de diferentes metais ó aire libre.

Completaremos estes obradoiros coa visita á exposición para que coñezan a obra e a traxectoria do artista.

Os nenos e nenas que desexen participar teñen que elixir un dos seguintes sábados: 10 e 24 de outubro e 7 de novembro.

O horario será de 10:30 h á 13:00 h.

As inscricións poderanse facer, a partir do 5 de outubro, no Gabinete Didáctico , no teléfono 986 804 100, extensión 42413, ou no correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es. O horario de atención de chamadas e de correos é de luns a venres de 8:30 a 14:30 h.

Recoméndase que traian un mandilón ou unha camiseta que se poida manchar para poñer por riba da roupa. Os que o desexen poderán traer unha pequena merenda para media mañá.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra