Visita ó pazo Baión dentro das actividades da exposición Senso Sublime. Sergio Portela

Actualizado 07/10/2015 00:00

museo de pontevedra

O próximo día 17, sábado, como extensión da exposición de Sergio Portela que estes días pode contemplarse no Museo de Pontevedra, farase unha visita ó pazo Baión, en Vilanova de Arousa, onde, como complemento das intervencións nos edificios que o conforman e no terreo que o rodea, labores ambos dirixidos polo arquitecto César Portela, hai diversas obras da súa autoría.

Os interesados en asistir a esta visita, na que estarán presentes o artista e os comisarios da exposición, Patricia Trigo e Antón Sobral, deberán inscribirse na Secretaría do Museo ben directamente, ben por correo electrónico (secretaria.museo@depo.es). Sairase de Pontevedra ás 16:45 horas. O punto de encontro será a rúa Juan Manuel Pintos, diante do Pavillón Municipal dos Deportes.

Completarase esta xeira, ó retornar a Pontevedra, con visitas á sede de Afundación (praza de San Xosé), onde se exhiben con carácter permanente obras da autoría de Sergio Portela, complementarias da reformulación do edificio, realizado tamén por César Portela e rematado en 2006, e, finalmente, ó Monumento ós fusilados o 12 de novembro, inaugurado no ano 2014.

A participación nestas actividades e gratuíta. A admisión será por orden de inscrición ata completar a capacidade dun autobús.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra