V Encontro de Conservación e Restauración

Actualizado 13/10/2015 00:00

museo de pontevedra

Nesta quinta edición do Encontro, organizada polo Museo de Pontevedra e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia co patrocinio da Deputación de Pontevedra, achegarémonos ó mundo das artes decorativas desde o punto de vista da súa conservación, centrándonos, nesta ocasión, en oito tipoloxías: mobiliario, lacas orientais, marfís, miniaturas, pel, acibeche, materiais plásticos de moldeo e téxtiles.

Con estas xornadas preténdese afondar no estudo, identificación e interacción dos diversos materiais que constitúen estes obxectos de arte, o coñecemento das técnicas de fabricación e decoración utilizadas a través dos tempos, nos factores de degradación que os alteran ou nos criterios e metodoloxía aplicados cando deban ser intervidos.

Por este motivo o V Encontro convoca especialistas de distintas disciplinas e profesionais de institucións relevantes no Museo de Pontevedra os días 18, 19 e 20 de novembro para atraer un público moi diverso.

As inscricións realizaranse na Secretaría do Museo de Pontevedra por rigorosa orde de rexistro de entrada ata completar o número de prazas (240).

Información: secretaria.museo@depo.es; teléfono 986 804 100, ext. 42436.

O prazo de inscrición terminará o 13 de novembro de 2015.

O público asistente recibirá un diploma acreditativo.

Está solicitado un crédito de libre configuración na Universidade de Vigo.


Folla de inscrición


PROGRAMA


Mércores 18 de novembro


8:30 h Entrega de documentación

9:30 h Acto de inauguración

10:00 h “A conservación de coleccións de artes decorativas e deseño. O reto da diversidade”

Paloma Muñoz-Campos García

Restauradora e conservadora. Coordinadora de proxectos e responsabilidade social

Museo Nacional de Artes Decorativas (Madrid)

11:30 h Pausa

12:00 h “Danos, alteracións e interaccións de materiais nas coleccións de artes decorativas”

Laura Ceballos

Conservadora-restauradora

Instituto do Patrimonio Cultural de España (Madrid)

13:30 h Coloquio

16:30 h “Conservación e restauración de mobiliario. Criterios e metodoloxía”

Cristina Ordóñez Goded

Historiadora da Arte. Conservadora-restauradora de mobiliario. Fundadora de Arcaz

18:00 h “Estudo, conservación e restauración de laca oriental”

Marisa Gómez

Laboratorio de análises de materiais. Área de Investigación e Formación. Instituto do Patrimonio Cultural de España

Laura Ceballos

Conservadora-restauradora

Instituto do Patrimonio Cultural de España (Madrid)

19:30 h Coloquio

20:00-21:30 h Visita ás instalacións do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra


Xoves 19 de novembro


9:30 h “Marfil, é ou non é?”

Joaquina Leal Pérez-Chao

Conservadora-restauradora

Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Madrid)

11:00 h Pausa

11:30 h “Técnica e restauración da colección de miniaturas do Museo Nacional de El Prado”

Elena Arias

Restauradora de artes decorativas e metais

Museo Nacional de El Prado (Madrid)

13:00 h Coloquio

16:30 h “A pel, esa gran descoñecida, tamén é patrimonio”

Trinidad Genís

Conservadora-restauradora especialista en pel antiga

18:00 h “Características do acibeche de Oles (Asturias)”

Isabel Suárez Ruiz

Responsable do laboratorio de petrografía orgánica

Instituto Nacional do Carbón, CSIC (Oviedo)

19:30 h Coloquio

20:00-21:30 h Visita ás instalacións do edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra


Venres 20 de novembro


9:30 h “Materiais plásticos de moldeo. Problemática asociada á súa conservación”

Margarita San Andrés

Profesora titular do Departamento de Pintura e Restauración

Universidade Complutense de Madrid

Directora do laboratorio de materiais LabMat

11:30 h “Conservación preventiva en coleccións téxtiles”

María López Rey

Conservadora-restauradora de materiais téxtiles

13:00 h Coloquio

13:30 h Clausura

Descargar programa en Pdf

Seguir retransmisión en directo

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra