Samaín 2015 no Museo: “Paseando entre caveiras”

Actualizado 16/10/2015 00:00

museo de pontevedra

Este ano, para festexar o Samaín, desenvolveremos o programa “Paseando entre caveiras”, no que faremos un percorrido por algunhas das obras que conteñen este motivo para dar a coñecer os seus múltiples significados na arte e quitarlle dramatismo á imaxe negativa que dela se ten na nosa cultura actual.

Para os máis cativos e cativas haberá unha xincana de busca e mais un obradoiro; ás mozas, mozos e persoas adultas invitámolas a que veñan á visita comentada pola iconografía da caveira na arte. Ademais, tamén proxectaremos, para todos os públicos, A noiva cadáver (2005), unha película de animación do director norteamericano Tim Burton.

OBRADOIRO PASEANDO ENTRE CAVEIRAS

Datas: venres 30 e sábado 31 de outubro

Horario: de 10.30 a 13 h

Destinado a:

Nenas e nenos de 5 a 8 anos (venres 30)

Nenas e nenos de 9 a 12 anos (sábado 31)

Número de participantes: 16 por quenda

Lugar: Sexto Edificio do Museo

Inscrición: no teléfono 986 804 100, extensión 42413, ou no enderezo de correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es

VISITA COMENTADA PASEANDO ENTRE CAVEIRAS

Data: venres 30

Hora: ás 19 h

Destinado a: mozas, mozos e persoas adultas

Número de participantes: 25

Lugar: Sexto Edificio do Museo

Inscrición: no teléfono 986 804 100, extensión 42413, ou no enderezo de correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es

PROXECCIÓN DO FILME A NOIVA CADÁVER

Data: venres 30

Hora: ás 18 h

Destinado a: todos os públicos

Número de participantes: ata completar aforo (240 prazas)

Lugar: salón de actos do Sexto Edificio do Museo

Inscrición: non é necesario inscribirse previamente

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra