Domingos Musicais no Sexto. Concerto de José Delgado

Actualizado 10/11/2015 00:00

museo de pontevedra

O domingo 15 de novembro, ás 19:30 h, o cantautor venezolano José Delgado dará un concerto no Sexto Edificio, dentro do ciclo Domingos Musicais no Sexto. A entrada é libre ata completar o aforo.

O cantautor está realizando unha xira por Europa de prelanzamento da súa quinta produción titulada Algo.

Algo é a canción que dá nome ó disco e el considéraa a nai de todas as demais que compoñen a súa máis recente produción, que abarca un rico repertorio con trazos da música tradicional venezolana como o merengue e o pasaje tuyero. Sumando baladas, son, rock n’roll, charanga, pop, jazz manouche, vals, logra unha ecléctica identidade característica de Caracas, a súa cidade natal.

En compañía da súa guitarra, mergullaranos no mundo claroscuro que explorou co seu novo repertorio. Tamén compartirá cancións que o acompañaron nos seus dez anos de traxectoria como cantautor.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra