XIV Memorial Filgueira Valverde

Actualizado 12/11/2015 00:00

museo de pontevedra

O Museo acolle, na súa décimo cuarta edición, o Memorial Filgueira Valverde, colaborando coa Vicerreitoría da Universidade de Vigo. As sesións celebraranse os días 23 e 25 de novembro e 2 e 3 de decembro, ás 20 h, no salón de actos do Sexto. A entrada é libre ata completar aforo.

Catro fitos na Pontevedra de Castelao é o tema que unifica as catro conferencias que se celebrarán este ano, que se adianta á celebración do centenario da chegada deste persoeiro á cidade do Lérez.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950) chegou a Pontevedra en xaneiro de 1916. O día 15 dese mes tomou posesión da súa praza como funcionario do Corpo Auxiliar de Estatística. Na cidade, que vivía daquela unha etapa de gran brillantez, alcanzará a súa plena madurez como artista, como escritor e como político.

PROGRAMA

Luns 23 de novembro

“A renovación das pensións para artistas da Deputación de Pontevedra”

Antonio Garrido Moreno. Universidade de Santiago

Mércores 25 de novembro

“ O Museo de Pontevedra”

Xosé Carlos Valle Pérez. Museo de Pontevedra

Martes 2 de decembro

A Misión Biolóxica de Galicia

Antonio M. De Ron. Misión Biolóxica de Galicia

Mércores 3 de decembro

“A Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra”

Rafael López Torre. Xornalista

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra