En paralelo: Noites de literatura e cine

Actualizado 23/11/2015 00:00

museo de pontevedra

“Galicia en viñetas” é o título da intervención do coñecido humorista Luis Davila na sesión do ciclo En Paralelo que terá lugar o xoves 26, ás 20 h, no Sexto Edificio.

Luis Davila, coñecido de todos polas súas viñetas que diariamente se publican no Faro de Vigo, exerce ademais como blogger desde maio de 2007 con "O Bichero", nome co que xa ten publicados, ademais, cinco libros.

Deseñador gráfico pola Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso da Coruña, este bueuense achéganos á realidade diaria do país dende o humor e o coñecemento profundo da maneira de ser, sentir e vivir dos galegos e galegas.

De todo isto falaranos na súa charla que terá formato de coloquio. Octavio Beares, experto no mundo do cómic e o humor gráfico interpelará ó noso autor, do mesmo xeito que o poderán facer os asistentes.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra