Nadalarte 2015

Actualizado 03/12/2015 01:00

museo de pontevedra

1. OBRADOIRO: Retratos de Nadal. (Completo. Ver resultado do sorteo)

A propósito da exposición do fotógrafo galego Virxilio Viéitez (Soutelo de Montes, Forcarei, 1930 – 2008), que este Nadal visita o Museo, os nenos e nenas poderán visitala da man dos membros do Gabinete Didáctico, que farán un especial fincapé nas imaxes dos pequenos e pequenas da Galicia doutros tempos e das súas familias. Posteriormente, no obradoiro, realizarán un adorno de Nadal a partir do seu propio retrato fotográfico.

Realizarase un obradoiro de dúas horas por día

Sexto Edificio de 11 a 13 h

Participantes: 15 por quenda

De 5 a 8 anos: poden escoller entre os seguintes días, 21, 22 e 23 de decembro.

De 9 a 12 anos: poden escoller entre os seguintes días, 28, 29 e 30 de decembro.

O prazo de inscrición dará comezo o luns día 7 e rematará o luns 14 de decembro. Pódese facer chamando ó 986 804 100 extensión 42413 ou na dirección de correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es (en horario de luns a venres de 8:00 a 14:30 h).

As prazas serán sorteadas publicamente o martes 15 de decembro ás 11 horas no edificio Fernández López do Museo. A lista definitiva publicarase na web do Museo a partir do día 16 de decembro e tamén poderá ser consultada no punto de información do Sexto Edificio.

2. CONTO MUSICAL A PIANO: A Sereíña

Trátase dun espectáculo que integra literatura, música e pintura, centrado no conto infantil A Sereíña, do escritor dinamarqués, Hans Christian Andersen (Odese, 1805 – Copenhaguen, 1875).

As pianistas Patricia Rejas Suárez e Blanca Palomar Chicharro interpretarán, nun concerto a catro mans, doce pezas do compositor alemán Robert Schumam (Zwickau, 1810 – Endenich, hoxe Bonn, 1856), que acompañarán a narración en directo da Sereíña, coa voz de Ailén Kendelman Mouzo, e as imaxes evocadoras do conto da pintora Marta Román Cid.


”Conto


Martes 29 de decembro

Sexto Edificio ás 18 h

Entrada libre ata completar capacidade

Ver toda a información

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra