Domingos Musicais no Sexto. Concerto de Emilio Rúa

Actualizado 04/12/2015 00:00

museo de pontevedra

O domingo 13 de decembro, ás 19:30 h, o cantautor galego Emilio Rúa dará un concerto no Sexto Edificio. A entrada é libre ata completar a cabida.


Domingos Musicais no Sexto. Concerto de Emilio Rúa


Na súa actuación fará un repaso polos seus cinco discos editados polo de agora durante quince anos de carreira discográfica e un percorrido musical a través das cancións xa publicadas e de temas populares da cultura galega, reinterpretados dunha forma persoal e festiva ademais de poemas de grandes e clásicos autores da poesía galega.

Todo isto mediante a posta en escena deste cantautor cunha guitarra acústica, piano e harmónica.

O espectáculo vai acompañado da presentación do seu sexto disco titulado Querida alegría. No que colaboran, entre outros, Kepa Junkera, Carlos Blanco, Daniel Minimalia, Xestreu cantareiras, etc.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra