Presentación do libro As razós do galeguismo autonomista. Xosé Fernando Filgueira Valverde

Actualizado 10/12/2015 01:00

museo de pontevedra

Manuel Regueiro Tenreiro e Fernando Regueiro Pérez revisan e analizan nesta publicación, que se presenta o 15 de decembro ás 20 h no Sexto Edificio, a conferencia-mitin que Xosé Fernando Filgueira Valverde pronunciara o 18 de xuño de 1936 pedindo en nome de Dereita Galeguista o voto favorable para o Estatuto de Autonomía de Galicia que se ía votar en referendo.

No arquivo documental do Museo consérvase o texto manuscrito desta conferencia que pronunciou Filgueira a través das antenas de Radio Lugo, EAJ-68. Tiña daquela 29 anos e era catedrático de Literatura no Instituto de Ensino Medio de Lugo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra