Conto musical a piano: A Sereíña

Actualizado 17/12/2015 00:00

museo de pontevedra

O martes 29 de decembro ás 18 h terá lugar no Sexto Edificio este espectáculo musical infantil dirixido a familias que integra literatura, música e pintura. Está centrado no conto infantil A Sereíña, do escritor dinamarqués, Hans Christian Andersen (Odese, 1805 – Copenhaguen, 1875).

As pianistas Patricia Rejas Suárez e Blanca Palomar Chicharro interpretarán, nun concerto a catro mans, doce pezas do compositor alemán Robert Schumam (Zwickau, 1810 – Endenich, hoxe Bonn, 1856), que acompañarán a narración en directo da Sereíña, coa voz de Ailén Kendelman Mouzo, e as imaxes evocadoras do conto da pintora Marta Román Cid.

Entrada libre ata completar a capacidade.

Máis información en PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra