Obxectivo Pontevedra

Actualizado 21/12/2015 00:00

museo de pontevedra

Para facilitar a participación no concurso de fotografía "Obxectivo Pontevedra" amplíase o prazo de inscrición e de participación ata o 10 de xaneiro.

Coincidindo co aniversario da fundación do Museo, o vindeiro 30 de decembro celebrarase un concurso fotográfico no que poderán participar persoas de todas as idades.

Nel, os participantes terán que localizar cinco espazos do casco histórico de Pontevedra retratados polos debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra, e posteriormente fotografar eses lugares tratando de reproducir o máis fielmente posible o encadre do debuxo orixinal.

Para poder participar neste concurso, as persoas interesadas terán que presentarse no Sexto Edificio do Museo a partir das 16:00 horas para inscribirse e recoller unha copia dos debuxos que terán que localizar e fotografar, e unha vez feitas as fotografías terán de prazo ata o 10 de xaneiro para volver ó Sexto Edificio a entregar unha copia en formato dixital das fotografías.

Todos os participantes recibirán nese momento como agasallo unha publicación que do Museo de Pontevedra.

Con todas as fotografías presentadas, un xurado composto por persoal do Museo, elixirá as tres mellores series fotográficas, que serán premiadas cunha selección de publicacións que poderán elixir entre a oferta editorial do Museo de Pontevedra e posteriormente expostas de forma temporal na área de cristal do Sexto Edificio.

Os gañadores deste concurso daranse a coñecer o sábado 30 de xaneiro de 2016, coincidindo coa data da celebración da primeira sesión do Padroado do Museo, na que estivo presente Castelao, artista a quen a Real Academia Galega de Belas Artes dedica o ano 2016.

Máis información no teléfono 986 804 100 extensión 42413 ou na dirección de correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es (en horario de luns a venres de 8:00 a 14:30 h)

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra