Concerto Despedida do Vilancico

Actualizado 04/01/2016 00:00

museo de pontevedra

O sábado 9 de xaneiro ás oito da tarde, a igrexa parroquial de San Bartolomeu acolle a quincuaxésimo oitava edición do concerto Despedida do Vilancico, que organiza o Museo, a cargo dos excantores do coro dos Institutos de Pontevedra que contarán coa colaboración do coro de nenos Luis García Limeses. A entrada é libre.

O programa, dirixido por Enrique J. Lareo Martín e Reyes Carballo Carballo, directora do coro infantil, será o seguinte:

In dulci jubilo. Canon inglés, século XV

Gloria in caelo. Lauda italiana, século XIII. Harm.: Agustín Isorna (1914-1966)

No la debemos dormir. Frei Ambrosio Montesino (1444? - 1514), Cancionero de Upsala, século XVI

Verbum caro. Anónimo, Cancionero de Upsala, século XVI

Dadme albricias. Anónimo, Cancionero de Upsala, século XVI

Jesus Christ is born. Nathaniel Dett (1882-1943)

No seio da Virgem Mai. S. Ribeiro (1898-1966), Natal de Elvas (Portugal)

Deitadiño está nas pallas. Trad. portuguesa. Harm. : Agustín Isorna (1914-1966)

Est is ein ros entsprungen *. Michel Praetorius (1571-1621)

Stille nacht *. Franz Grubert (1787-1863)

O Tannenbaum*. Ernst Anschütz (1797-1855). Melodía anterior a 1550- Arranxo musical: Agustín Isorna (1914-1966)

Le message des anges*. Trad. francesa, século XIII. Harm.: Agustín Isorna (1914-1966)

Adeste Fideles*. Himno popular, c. 1640. Harm.: John Reading (c. 1685-1764)

(*)Co coro de nenos Luis García Limeses

Premer aquí para descargar programa en pdf

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra