Conferencias complementarias da exposición Virxilio Vieitez

Actualizado 07/01/2016 00:00

museo de pontevedra

Como complemento da exposición que actualmente, e ata o 7 de febreiro, permanece aberta no Sexto, celebrarase un ciclo de conferencias arredor da figura de Virxilio Vieitez, onde se analizarán os diferentes aspectos do seu traballo e o contexto no que o realizou. Terán lugar no salón de actos do Sexto Edificio, entre o 13 e o 21 de xaneiro, ás 20 h. A entrada é libre.

O programa será o seguinte:

13 de xaneiro

“Un fotógrafo de Galicia para América”

RAMÓN VILLARES

Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela. Presidente do Consello da Cultura Galega.

14 de xaneiro

“A fotografía de Virxilio Vieitez. Do carné ó Museo”

MANUEL SENDÓN

Profesor de Historia da Fotografía da Universidade de Vigo

19 de xaneiro

“Virxilio Vieitez. As imaxes e o ruído”

MIGUEL FERNÁNDEZ-CID

Director da Fundación Gonzalo Torrente Ballester

20 de xaneiro

“O fotógrafo dun tempo salvaxe”

SUSO DE TORO

Escritor

21 de xaneiro

“Virxilio Vieitez: a súa obra e o seu tempo”

Diálogo, moderado por Xosé Carlos Valle Pérez (director do Museo de Pontevedra), entre Ramón Rozas (historiador e crítico de Arte) e Miguel Vidal (fotógrafo).

VER INFORMACIÓN SOBRE A EXPOSICIÓN

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra