Presentación do poemario Atrofiadas as estrelas

Actualizado 12/01/2016 00:00

museo de pontevedra

O Ateneo de Pontevedra presenta este venres, 15 de xaneiro, ás 20 h no Sexto Edificio o libro de poemas Atrofiadas as estrelas do escritor Alexander Vórtice.

Intervirán, xunto ó autor, Milagros Bará (comunicadora e directora de cine), Antón Sobral (artista) e Enrique Sánchez Sotelo (editor).

Atrofiadas as estrelas é un poemario en lingua galega publicado pola editorial viguesa Discursiva. Preséntase cun prólogo de Milagros Bará e con ilustracións do pintor Antón Sobral.

Esta obra supón un acto de rebeldía pasional onde o poeta afonda sobre como a noite forma parte inherente das inquietudes e o ardor que toda persoa pode chegar a sentir desde a soidade ou a compañía do ser amado/desexado.

Alexander Vórtice (Pontevedra, 1979), é poeta, columnista, escritor e colaborador en Diario de Pontevedra, pontevedraviva.com e en diversos blogs literarios tanto en España como en Sudamérica.

As súas obras publicadas son: Destilería Ocaso (2004), Neurosis Tremens (2005), Material de Soños (2008), Dios y otros Superhéroes (2013) e Atrofiadas as estrelas (2016).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra