Obradoiro de Entroido: As máscaras de Castelao

Actualizado 27/01/2016 00:00

museo de pontevedra

(Completo. Ver resultado do sorteo de participantes)

Retomando a idea do obradoiro de máscaras realizado no Entroido do ano 2014, inspirado nas seis máscaras realizadas por Castelao para a estrea da súa obra teatral Os vellos non deben de namorarse que custodia o Museo de Pontevedra, o Gabinete Didáctico presenta un obradoiro renovado pero que se inspira na mesma idea orixinal.

Mesturando as características propias do xénero do teatro de máscaras con aqueles aspectos do Entroido nos que conflúe, os nenos e nenas realizarán a súa propia máscara inspirada nos personaxes do terceiro lance de Os vellos, para convertérense, disfrazados e portando cada un a súa careta, nos protagonistas dunha pequena representación teatral adaptada a partir do texto orixinal, descubrindo as súas capacidades xestuais e expresivas.

Días: luns 8 e martes 9 de febreiro.

Hora: de 11 a 13 horas.

Número de participantes: 20 por quenda.

Idades: nenos/as de 6 a 12 anos.

Lugar: Sexto Edificio

Inscrición: a través do Gabinete Didáctico, no teléfono 986 804 100 extensión 42413 ou por correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es (de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas).

Prazo de inscrición: do 28 de xaneiro ó 3 de febreiro.

Sorteo das prazas: o xoves 4 de febreiro (realizarase no caso de que haxa máis solicitudes que prazas).A orde definitiva dos nenos e nenas seleccionados no sorteo poderá ser consultada na páxina web do Museo: www.museo.depo.es e no punto de información do Sexto Edificio.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra