Exposición Mulleres en acción. Violencia zero

Actualizado 01/02/2016 00:00

museo de pontevedra

Desde o 3 de febreiro, ás 19 h, ó 28 do mesmo mes pódese visitar no Sexto Edificio a exposición Mulleres en acción. Violencia zero, organizada pola Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Igualdade.

Mujeres en acción.Violencia


A mostra recolle os resultados dun proxecto de acción artística, realizado o pasado 25 de novembro de 2015 no espazo público de dez concellos da provincia, para reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención na problemática da violencia machista. No proxecto participaron Carme Nogueira, Ana Gesto, Adriana Pazos, Iria Acevedo, Rosa Neutro, Ánxela Blanco, Mónica Mura, Neves Seara, Laura Piñeiro, Mery Pais e Paulova.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra