Presentación do novo disco de María do Ceo

Actualizado 15/02/2016 00:00

museo de pontevedra

O Sexto Edificio será, o venres 19 ás 20 horas, o escenario da presentación do último disco de María do Ceo, que leva o título De Portugal a Galicia, no que a artista lusa afincada en Galicia une as súas dúas terras.

De Portugal a Galicia é un libro-disco composto por dous cd: o primeiro dedicado ó fado con 14 temas cantados en portugués como “Uma casa portuguesa”, “Canção de embalar”, “Porto sentido” ou “Malhão de São Simão”. Outros tantos temas en galego compoñen o segundo, nesta ocasión sacadas do patrimonio musical de Galicia como “Negra Sombra”, “Lela”, “Camarillas”, “María Soliña” e mesmo temas inéditos de Armando González e María do Ceo como “Carlos Casares”, “Bate a mar”, ou “Xinzo”.

Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, prologa este libro-disco.

Musicalmente trátase dun disco moi rico, xa que nel conviven artistas do talle musical de Xosé Manuel Neto (guitarra portuguesa), Miguel Gonçalves (guitarra española), Filipe Pereira (acordeón), Alex Salgado (laúde), Héctor Martínez (piano), Ricardo Morente (violín), Rosalía Vázquez (chelo) e Fernando Campos (percusións e baixo).

A entrada é libre ata completar o aforo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra