Presentación do poemario Nenaespiraes, de Tamara Andrés

Actualizado 22/02/2016 00:00

museo de pontevedra

O xoves 25 de febreiro, ás oito da tarde, a escritora de Poio, Tamara Andrés, presenta o seu segundo libro no Sexto Edificio.

Estará acompañada polas poetisas Carmen Castejón e Isabel García Uría e o poeta Benito Piñeiro.

Tamara Andrés recolle no libro Nenaespiraes, unha serie de composicións que reflicten a súa concepción do mundo e as súas entrañas. Esta é a súa segunda obra, que resultou gañadora no premio de poesía O Facho 2015. A súa elaboración supuxo un xogo e un descubrimento do seu propio carácter.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra