Día Internacional da Muller no Museo

Actualizado 02/03/2016 00:00

museo de pontevedra

O Museo súmase á celebración do Día Internacional da Muller cunha conferencia da profesora Susana Cendán complementada por dúas visitas guiadas pola súa exposición permanente del Sexto Edificio.

A conferencia a cargo de Susana Cendán Caaveiro, profesora da Facultade de Belas Artes e Esdemga (Universidade de Vigo), celebrarase o martes 8 de marzo ás 19 h no salón de actos do Sexto Edificio. Nela, a través da moda feminina do século XIX, tentará achegarnos ó rol social ó que estaba supeditada a muller daquel tempo, moda reflectida no mundo da arte especialmente a través do xénero do retrato.

O título escollido é Muller, moda e sociedade no século XIX, con el faise fincapé no poder da indumentaria para informarnos sobre as circunstancias que marcaron un acontecemento importante na evolución das mulleres cara a igualdade, desde a excepción que supuxo o estilo imperio ata o xurdimento da garçonne a comezos do século XX.

A colección de pintura do Museo de Pontevedra servirá como exemplo dalgúns dos aspectos a destacar por parte da conferenciante, con amplo coñecemento sobre o tema e sobre os fondos do Museo, sendo unha das súas liñas de investigación a relación entre arte, deseño e moda.

VISITAS GUIADAS

Como complemento á conferencia, os días 9 e 10 de marzo ás 18 has persoas que o desexen poderán visitar, da man do persoal do Gabinete Didáctico, as obras da colección do Museo que foron seleccionadas como apoio para a conferencia, nas que se afondará en aspectos fundamentalmente histórico artísticos.

A participación nestas actividades é libre e non precisa inscrición previa.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra