Ciclo Cinema e muller

Actualizado 08/03/2016 00:00

museo de pontevedra

Os días 11, 12 e 17 de marzo o Museo acollerá varias sesións do ciclo Cinema e muller que organiza a Deputación de Pontevedra co obxectivo de visibilizar as creadoras pontevedresas do audiovisual. A entrada é libre ata completar aforo.

Cinema e muller é un proxecto, no que participa a Deputación de Pontevedra, que nace coa vontade de visibilizar as creadoras do audiovisual fomentando unha maior participación das mulleres na creación da cultura e da arte.

O ciclo inclúe varias accións, no Museo celebraranse unha mostra de cinema galego e a estrea dunha película colaborativa realizada por dez cineastas.

A mostra de cinema divídese en dúas sesións de curtametraxes experimentais realizadas por mulleres galegas. As obras foron seleccionadas polo seu especial interese, pola súa orixinalidade ou pola súa valentía. Algunhas foron premiadas en festivais, outras son igualmente orixinais pero no contan con tanto percorrido nin tanta sona, mais todas xuntas conforman unha mostra de cine arriscado, intelixente e delicioso.

SESIÓN 1

11 de marzo, ás 18:30 h. Sexto Edificio

O que non pode ser visto - María Ruido

Bata por fóra (muller por dentro) - Claudia Brenlla

Cienfuegos 1913 - Margarita Ledo

Vaguidades - Lara Bacelo

A real woman - Xiana Gómez

Proba de axilidade - Jaione Cambor

Ser de luz - Diana Toucedo

Sen Deus nin Santa María - Helena Girón e Samuel M. Delgado

SESIÓN 2

12 de marzo, ás 19:30 h. Sexto Edificio

Todas as mulleres que fun - As Candongas do Quirombo

Número - Susana Rey

1977 - Peque Varela

A costureira - Clara Sobrino

Día de choiva - Begoña M. Santiago

Flying - Manuela Elisabeth

Leo y Mario (se dejan) - Sonia Méndez

Illa Pedra - Adriana Páramo

VISIÓNS

O Museo acollerá tamén a estrea da película colaborativa con temática de xénero, elaborada por dez cineastas galegas. Participaron no proxecto Carla Andrade, Bego Santiago, Carme Nogueira, Eva Calvar, Sonia Méndez, Andrea Zapata, Lara Bacelo, Olaia Sendón, Diana Toucedo e Claudia Brenlla. Será o xoves 17 de marzo ás 19:30 h no Sexto Edificio.

A entrada é libre ata completar aforo.

Máis información en: http://www.depo.es/cinema-e-muller

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra