Presentación do número 22 da revista Galegos

Actualizado 11/03/2016 00:00

museo de pontevedra

A presentación do número 22 da revista Galegos / Gallegos, dedicado a Quintana Martelo e a Xosé Filgueira Valverde, celebrarase no Sexto Edificio o martes 15 de marzo ás 20 h.

O acto estará presidido polo deputado de Cultura, Xosé Leal Fariña e intervirán nel Alejandro Diéguez, editor, Manuel Quinta Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, Araceli Filgueira Iglesias, da Fundación Filgueira Valverde, e José Carlos Valle Pérez, director do Museo.

Neste número o apartado Caderno está dedicado a Manuel Quintana Marcelo, con artigos de Miguel Fernández-Cid, Miguel Anxo Fernán Vello, Ramón Rozas e Paula Cabaleiro e o apartado Persoeiros á Filgueira Valverde coas achegas que sobre a súa figura fan Xesús Alonso Montero, Xosé Carlos Valle Pérez, Xermán Manuel Torres de Aboal e Xosé Fuentes Alende.

Na sección de Entrevistas Perfecto Conde fala con Arcadio López-Casanova; na de Crónicas escriben sobre o sector lácteo Marcelino Fernández Mallo e Manuel Lara Coira e Vari Caramés asina “Pasatiempo”; no apartado Artigos Fernando J. Ponte Hernando e Javier del Valle-Inclán Alsina falan de Roberto Nóvoa Santos e Joaquín Bardavío faino sobre Francisco Franco.

A entrada será libre ata completar aforo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra