Semana Santa. Visitas guiadas no Museo

Actualizado 14/03/2016 00:00

museo de pontevedra

Con motivo da celebración da Semana Santa, datas de lecer para moitas persoas,nas que adoita aumentar o número de visitas ao Museo, o Gabinete Didáctico incrementa a súa oferta para todos os públicos cun percorrido guiado para visitantes individuais, que se suma aos xa existentes e aos habituais que poden concertar os grupos.

Do 20 ao 27 de marzo invitarase ás persoas que así o desexen a facer unha viaxe comentada pola historia da arte galega a través dalgunhas das pezas que forman a colección do Museo: o tesouro de Caldas, a Piedade de Ferro Requeixo, Vítima do traballo de Jenaro Carrero ou Festa galega de Sotomayor, son só algunhas das obras que poderán contemplarse durante a visita.

Esta viaxe polo museo rematará no miradoiro do terceiro andar do Sexto Edificio, que mostra unha vista da Pontevedra histórica.

Datas: desde o domingo 20 ao domingo 27 de marzo.

Horario: 11:30 h e 18:00 h, agás domingos e festivos que será só en horario de mañá

Duración: 90 m aproximadamente.

Punto de encontro: Sexto Edificio

Non é necesaria inscrición previa

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra