Presentación da novela Sinfonía en París

Actualizado 18/03/2016 00:00

museo de pontevedra

O martes 22 de marzo ás 20 horas, no salón de actos do Sexto, presentarase a novela Sinfonía en París da escritora Carmen Torrico

Afeccionada á lectura desde nena, sempre desexou crear relatos e historias ideadas. A súa gran afección a á música levouna a especializarse neste eido, cursando os estudos musicais en Madrid e exercendo a súa carreira de concertista ata hai pouco tempo.

Colaboradora habitual nas redes sociais, dentro de páxinas especializadas, blogs, revistas culturais e redes literarias ten no seu haber centos de artigos publicados de diferentes estilos e temática.

Participou en varios concursos literarios, na especialidade de relato, microrrelato e nanorrelato, sendo moi apreciado o seu particular estilo de narrativa.

Tamén abordou o ámbito da poesía e no que acaba de publicar o seu poemario Parte de mí. Xa no campo da novela publicou a súa ópera prima El visitante nocturno. No ano 2015, editouse a súa novela 8 días en Roma, enmarcada en ficción romance, con certa tintura de drama e un alto contido histórico-artístico. Coa que se presenta agora son xa cinco as obras que saíron da súa pluma, todas elas ben recibidas polos lectores.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra