Conferencias da Fundación Rutas del Románico

Actualizado 21/04/2016 00:00

museo de pontevedra

Organizado pola Fundación Cultural Rutas del Románico, vaise celebrar no salón de actos do Sexto Edificio, os días 21 e 22 de abril, un ciclo de catro conferencias dedicado á Arte en Galicia. Comezarán ás 18:30 h.

Xoves 21 de abril

18:30 h: “Libros e bibliotecas no Camiño de Santiago” por Pilar Fernández Ruiz (Directora da Biblioteca pública de Pontevedra).

20:00 h: “Os ephemera no contexto das peregrinacións a Compostela” por Ana Barbazán Iglesias (Bibliotecaria do Museo de Pontevedra)

Venres 22 de abril

18:30 h: “Un mundo infestado de símbolos. A arte rupestre galega” por Antonio de la Peña Santos (Arqueólogo do Museo de Pontevedra)

20:00 h: “Miradas de Pontevedra” por Enrique Sotelo Resurrección (Arquiveiro municipal de Pontevedra)

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra