Un debuxo de Jenaro Pérez Villaamil do Museo na exposición Carmen: Lectura del mito en El Matadero de Madrid

Actualizado 20/04/2016 00:00

museo de pontevedra

Un debuxo da colección do Museo que representa un Mercado xunto a igrexa de Santa Catalina. Sevilla, realizado arredor de 1835 por Jenaro Pérez Villaamil (1807-1854), formará parte da exposición Carmen: Lectura del mito na Casa del Lector del Matadero de Madrid.

Esta exposición, comisariada por Luis F. Martínez Montiel e José Luis Rodríguez Gordillo, pretende analizar o amplo percorrido do mito de Carmen desde que Mérimée creou o personaxe e Bizet o elevou ata as lecturas contemporáneas desde as distintas disciplinas artísticas. Ten, en definitiva, o obxectivo de retomar a figura de Carmen e o seu contexto desde o instante mesmo da súa creación, sen deixar de lado os antecedentes que contribuíron a crear este personaxe convertido nun mito

A mostra, que contará con obras cedidas por importantes museos como o Museo del Prado, o Museo Picasso de París ou o Museo Reina Sofía, poderá visitarse do 21 de abril ao 16 de outubro de 2016.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra