Ciclo de conferencias 150 aniversario do Combate de El Callao

Actualizado 29/04/2016 00:00

museo de pontevedra

Co gallo do 150 aniversario do Combate de El Callao, o Museo de Pontevedra coa colaboración do Museo Naval, celebra un ciclo de conferencias en torno a este tema do 3 ao 5 de maio no salón de actos do Sexto Edificio ás oito da tarde. A entrada é libre ata completar aforo.

O Museo ofrece aos seus visitantes desde 1946, na planta baixa do Edificio García Flórez (actualmente en proceso de remodelación), unha reconstitución da Cámara da fragata Numancia, realizada segundo planos da época e con mobiliario e obxectos procedentes dela. Esta fragata acoirazada, a máis moderna do seu tempo, participou decisivamente no bombardeo do porto peruano de El Callao (2 de maio de 1866) como buque insignia desde o que Casto Méndez Núñez (Vigo, 1824-Pontevedra, 1869) mandou a escuadra do Pacífico.

A conmemoración no ano actual do 150 aniversario dese acontecemento propicia a celebración dun ciclo de conferencias no que reputados especialistas reflexionan sobre o contexto xeopolítico no que se produciu ese episodio bélico, acerca del como fito en si mesmo e finalmente arredor das especiais circunstancias que concorren na execución e nos cometidos da fragata Numancia, o primeiro buque do seu xénero que deu a volta ó mundo.

PROGRAMA

Martes 3 de maio

EDUARDO REY TRISTÁN: “Das tebras de Bolívar ao hispanismo de Rodó. As relacións entre España e América Latina no século XIX”.

Mércores 4 de maio

JOSÉ MANUEL CASTAÑO GARCÍA: “A volta ó mundo da fragata Numancia”.

Xoves 5 de maio

MARCELINO FERNÁNDEZ GONZÁLEZ: “O combate de El Callao”

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra