Ciclo de conferencias Castelao artista

Actualizado 09/05/2016 00:00

museo de pontevedra

O mércores 11, ás 20 h, no salón de actos do Sexto Edificio, terá lugar a segunda conferencia do ciclo complementario da exposición Castelao artista. Os fundamentos do seu estilo 1905-1920), que será pronunciada por Juan Monterroso e leva por título “O reflexo de Narciso. O pintor como modelo e espectador”.

Na conferencia o profesor disertará acerca de como xa desde o Barroco o do espectador é o lugar do modelo e do pintor, á maneira de Velázquez nas Meninas.

Juan M. Monterroso é doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén é profesor titular desde 2001. Actualmente desempeña as función de decano la Facultade de Xeografía e Historia.

As súas liñas de investigación abranguen a conservación e protección do patrimonio cultural, a cultura e mentalidade do Barroco, a emblemática aplicada á historia da arte e a historia da arte galega entre os séculos XVI e XIX.

O ciclo pecharase o 1 de xuño coa intervención de José Antonio Durán quen falará de “O Castelao exterior (América. Madrid. Europa)”.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra