Música no Museo. Leo Minax

Actualizado 13/05/2016 00:00

museo de pontevedra

O sábado 14 e maio, ás 19:30h o Sexto Edificio será o escenario do concerto do brasileiro Leo Minax que presentará o seu novo disco Lo que no estaba escrito, o sétimo da súa carreira como solista.

Neste concerto, Leo Minax vai mesturar o repertorio do seu novo disco con cancións máis coñecidas dos anteriores e mesmo estreará temas novos. Cunha proposta heterodoxa, a música de Minax recolle influencias e matices do jazz, da canción máis experimental, das músicas do mundo e, por suposto, da canción de autor e brasileira.

Músico inquieto colaborou con moitos artistas ao longo da súa carreira entre outros con Toninho Horta, Steen Rasmussen, Arnaldo Antunes, Vitor Ramil, Moska, Jorge Drexler, Iván Ferreiro, Lisandro Aristimuño, Miguel Inzunza, Niccolò Fabi, Kepa Junkera, Diego Vasallo, Suso Saiz e Uxía.

Canta en castelán, pero adoita escribir e cantar en portugués, a súa lingua de orixe, desde o que comezou a construír un discurso musical único, cun xeito persoal de cantar, tocar a guitarra e compoñer as súas cancións.

A súa discografía está composta por Bonito de escutar (1996), Sol no breu (2000), Stereo 13 (2003), Aulanalua (2006), Da boca pra fora (2009), Sem tirar nem por (2010), Lo mejor de cada casa (2013) e este último, Lo que no estaba escrito (2015).

A entrada é libre ata completar aforo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra