Ciclo de concertos Seráns do Conservatorio no Museo

Actualizado 16/05/2016 00:00

museo de pontevedra

O mércores 18 e o venres 20 de maio, ás 20 h, o Sexto Edificio acolle a sexta edición do ciclo de concertos Seráns do Conservatorio no Museo a cargo de profesorado e alumnado do Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra.

O mércores celebrarase o concerto de Música Antiga na que soarán pezas de Johh Dowland, P. Antonio Soler, Antoine Forqueray, Robert de Visée e Biaggio Marini entre outros.

O venres será o Departamento de Canto o encargado do concerto correspondente.onde se poderán escoitar composicións de José Luis Pedrosa, Benjamin Britten, Reynaldo Hahn, Mozart, Luis Carro, Haendel, Alberto Vilas, Richard Strauss, Faurè e Puccini.

A entrada ós concertos é libre, ata completar aforo.

VER PROGRAMA EN PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra