Ficciónate. Ciclo de cinema

Actualizado 03/06/2016 00:00

museo de pontevedra

O venres 10 de xuño ás 19.00h no Sexto preséntase Ficciónate, o primeiro ciclo de cinema de curta duración que busca amosar os traballos dos novos talentos e alentar as novas xeracións a que produzan e creen industria creativa. A entrada é libre ata completar aforo.

No ciclo proxéctanse as obras Rancor (vencedora dos Premios Redondela en Curto), El Comediante (dos creadores da éxitosa webserie El Método Sueco), Fálame do silencio (seleccionada no Short Films from Galicia) e Unary (gañadora do Premio Mestre Mateo en 2015). Nestes filmes trátanse temas de rigorosa actualidade.

Trala proxección, os representantes de cada filme, manterán unha charla aberta co público asistente e unha tertulia que analizará a actualidade do sector.

Pontevedra é a terceira parada deste ciclo, tras ser presentado na Illa de Arousa e Negreira e os próximos destinos serán Sarria, O Incio e Santa Comba entre outros.

Rancor é a historia de Teo, un rapaz que durante a súa infancia, sofre o maltrato, a desidia e a vexación de mans do seu pai, tendo a súa nai enferma. O pasado sempre volve, e despois de graduarse nos seus estudios, volve ver ao seu pai logo de pasar moitos anos atrás.

El Comediante trata da vida de Óscar, un rapaz que intenta traballar no mundo do humor facendo monólogos e atopa nas pantasmas do pasado unha fonte de inspiración, ademais de vivir diferentes aventuras e desventuras que o axudan a construír o seu texto.

Fálame do silencio es unha reflexión sobre unha situación xeracional, fala da preocupación de “non ver saída”, da frustración de buscar unha estabilidade e non saber ou non poder conseguila.

Por último, Unary conta o primeiro día de liberdade de Lucas despois de 21 anos en prisión. O protagonista enfróntase a un mundo que non coñece, a unha nova vida. Está marcado por unhas rutinas, uns horarios, unha contorna e uns pensamentos que non poderá manter fóra de prisión.

Ficciónate é unha iniciativa de Abella Creativa coa colaboración de MT Producciones, Pixel Films e Porco Bravú e o apoio da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra