Dous cadros do Museo na exposición El Siglo de Oro. Pintura e escultura española do século XVII en Berlín e Munich

Actualizado 10/06/2016 00:00

museo de pontevedra

Dous cadros do Museo na exposición El Siglo de Oro. Pintura e escultura española do século XVII en Berlín e Munich

Dúas pinturas da colección do Museo saíron en préstamo para unha exposición temporal externa. A primeira é Cesta de doces, bodegón pintado cara a 1621 por Juan Van der Hamen e León (1596-1631) artista español, excelente retratista, aínda que foron os bodegóns e as pinturas de flores as obras que lle reportaron fama e un amplo mercado. A segunda é A taberna obra datada na década de 1660-1670 e que anteriormente foi atribuída ao pintor ourensán Antonio de Puga, aínda que desde 1976 considérase un anónimo madrileño para o que se acuñou o termo de Pseudo-Puga, que parece derivar do Velázquez maduro ou de autores da xeración posterior como José Antolínez.

Nesta ocasión os dous cadros viaxan a terras xermanas para formar parte da mostra El Siglo de Oro. Spanische Malerei und Skulptur deas 17. Jh. (O Século de Ouro. Pintura e escultura española do século XVII), que se exhibirá do 1 de xullo ao 30 de outubro na Berlín, Gemäldegalerie, Staatliche Museen zu Berlin. Stiftung Preussischer Kulturbesitz (Pinacoteca dos Museos Nacionais de Berlín). Posteriormente trasladarase a Münich ao Kuntshalle der HypoKulturstiftung, onde permanecerá aberta do 25 de novembro de 2016 ao 26 de marzo de 2017. En ambas as sedes, as persoas que visiten a mostra poderán contemplar estas dúas importantes pezas da colección do Museo de Pontevedra.

Esta exposición, como o seu título indica, mostra a idade de ouro da arte español: o século XVII, un dos capítulos máis importantes da historia cultural europea. Este verán a Gemäldegalerie, Staatliche Museen zu Berlin emparellará a súa colección de pintura española con numerosos préstamos internacionais para unha exposición a gran escala que comprenderá 150 obras mestras de Velázquez, El Greco, Zurbarán, Murillo e outros artistas menos coñecidos como Alonso Cano ou Gregorio Fernández.

Do 1 de xullo ao 30 de outubro de 2016 / Do 29 de novembro ao 26 de marzo de 2017

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra