A Sociedad Coral Polifónica ofrece un concerto homenaxe a Castelao o 30 de xuño

Actualizado 29/06/2016 00:00

museo de pontevedra

A Sociedad Coral Polifónica ofrece un concerto homenaxe a Castelao

Con motivo do centenario da chegada de Alfonso R. Castelao á cidade de Pontevedra, a Sociedad Coral Polifónica ofrecerá un concerto homenaxe o xoves 30 de xuño no Auditorio da Sede Afundación. A cita será ás 20:30h e será preciso recoller previamente o convite na billeteira da Sede Afundación.

Este concerto suporá, ademais, unha oportunidade única para ver exposto un dos panos de fondo orixinais con representacións realizadas polo propio Castelao. Trátase do pano de fondo coa representación do Rei David, o monarca músico veterotestamentario adoptado como emblema pola Coral. Este pano de fondo foi un dos utilizados no primeiro concerto ofrecido con carácter autonómico pola 'Sociedad Coral Polifónica', que fora celebrado no Teatro Principal de Pontevedra o 23 de marzo de 1926. Desde entón o pano foi restaurado en dúas ocasións, e puido verse por última vez no ano 2000.

Cabe lembrar que a Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra fixera a súa primeira aparición pública na cidade no mes de abril de 1925. Castelao formou parte dela primeiro como cantor fundador, escenógrafo e, entre os anos 1929 e 1932, como presidente.

Programa (pdf)

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra