Visitas de verán 2016

Actualizado 04/07/2016 00:00

museo de pontevedra

A partir do venres 1 de xullo, o Gabinete Didáctico do Museo pon en marcha as visitas guiadas para individuais. Todas aquelas persoas que se acheguen ao Museo, sen formar parte dun grupo concertado, contarán, nunha quenda de mañá e outra de tarde, coa posibilidade de facer a visita comentada polo propio persoal . Nelas farase un breve paseo polos edificios Sexto e Sarmiento destacando algunhas das obras principais da colección do Museo.

Estas visitas guiadas terán lugar do 1 de xullo ó 30 de setembro

Horario:

De martes a venres ás 12:00 h e ás 19:00h

Sábados e domingos ás 12:00 h

A duración será de aproximadamente 75 minutos, o punto de encontro no Sexto Edificio e non require inscrición previa.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra