Noites de Música Antiga nas Ruínas de San Domingos

Actualizado 04/07/2016 00:00

museo de pontevedra

A VIII edición do ciclo Noites de Música Antiga nas Ruínas de San Domingos celebrarase do 5 aso 7 de xullo. Este ano tampouco poderá celebrarse nas propias Ruínas xa que aínda non remataron as obras de consolidación. Será a igrexa parroquial de San Bartolomeu a que acollerá este ano os tres concertos que comezarán ás 21:30 horas. A entrada será libre ata completar aforo.

O martes 5 de xullo a música correrá a cargo do clavecista Andrés Alberto Gómez, que se iniciou no estudo do clave cos profesores do Conservatorio Italiano de París, Salvo Romeo e Patricio Pizarro. Ampliou a súa formación con músicos como Jan Willen Jansen, Tony Millán, Yves Recgsteiner ou Huguette Dreyfuss. Rematou os seus estudos de clave e música antiga no Real Conservatorio da Haia (Holanda) e na Escola Superior de Música de Cataluña. Ten realizado gravacións para distintos medios como a Radio Holandesa, a Radiotelevisión Eslovena, WDR 3, Radio Cataluña, e diversos selos discográficos.

As súas actuacións como solista e continuísta abranguen lugares como España, Italia, Francia, Bélxica, Suíza, Holanda, Noruega, Grecia, Alemaña, Eslovenia, Polonia e Lituania. O seu disco interpretando as Variacións Goldberg de J. S. Bach, primeira versión gravada por un clavecinista español, recibiu os mellores comentarios da crítica especializada. Así mesmo o disco recibiu cinco musas na revista francesa Muse Baroque e a “E” de disco excepcional que outorga a revista Scherzo ás mellores gravacións.

Actualmente é profesor de clave e baixo continuo no Conservatorio de Música de Murcia.

PROGRAMA:

JOHANN SEBASTIAN BACH (1685-1750)

Variacións Goldberg BWV 988

Aria

Variatio 1

Variatio 2

Variatio 3 (canone all’unisuono)

Variatio 4

Variatio 5

Variatio 6 (canone alla seconda)

Variatio 7

Variatio 8

Variatio 9 (canone alla terza)

Variatio 10

Variatio 11

Variatio 12 (canone alla quarta)

Variatio 13

Variatio 14

Variatio 15 (canone alla quinta)

Variatio 16 (Overture)

Variatio 17

Variatio 18 (canone alla sesta)

Variatio 19

Variatio 20

Variatio 21 (canone alla settima)

Variatio 22

Variatio 23

Variatio 24 (canone all’ottava)

Variatio 25

Variatio 26

Variatio 27 (canone alla nona)

Variatio 28

Variatio 29

Variatio 30 (Quodlibet)

Aria da capo

O mércores 6 de xullo é a quenda de La Bellemont, grupo que nace no ano 2007 da unión de Sara Ruiz, Rafael Muñoz e Laura Porto, tres músicos fascinados polo repertorio barroco francés. Marcados pola procura dun son con identidade, un xesto e unha articulación conxuntos, os músicos de La Bellemont concretan esta filosofía camerística co seu primeiro disco La voix de la viole, un programa dedicado á música para viola da gamba e baixo continuo de Marin Marais. A crítica especializada outorga a este disco cinco diapasóns (revista Diapason) e as catro estrelas da revista Classica.

O seu segundo disco Plaisir sacré, dedicado aos motetes de François Couperin, foi galardoado co R (recomendado) da revista Ritmo, co “Melómano de oro” da revista Melómano e co “E” (excepcional) da revista Scherzo. Plaisir sacré foi ademais nomeado como mellor disco vocal francés 2015 nos ICMA (International Classical Music Awards).

La Bellemont foi nomeado como mellor grupo barroco na primeira e segunda edición dos premios GEMA (Asociación de grupos españois de música antiga). En 2017 sairá á luz o seu novo proxecto discográfico dedicado ás Piéces de viole de François Couperin pechando así unha triloxía discográfica que vira ao redor da música barroca francesa.

En 2017 La Bellemont embarcarase en varios proxectos dedicados á música barroca alemá, dedicados á música de Johann Sebastian Bach e a súa contorna.

PROGRAMA:

Singspiele (A canción espiritual na Alemaña barroca)

JOHANN SEBASTIAN BACH (1685-1750)

Pezas do “Notenbüchlein für Anna Magdalena Bach” (1725)

Schlummer ein

Gedenke doch, mein Geist, zurücke

Bist du bei mir

Willst du dein Hertz mir schenken

CARL PHILIPP EMANUEL BACH (1714-1788)

Sonata para viola da gamba e baixo continuo en Do Maior

Andante- Allegretto-Arioso

REINHARD KEISER (1674 –1739)

Cantata sobre o Salmo 62

Aria- Recitativo- Aria

BERNHARD JOACHIM HAGEN (1720-1787) Largo

CARL PHILIPP EMANUEL BACH (1714 -1788)

Vom Grab an dem wir wallen

Eilt, ihr Schäfer

Da freheft du, Sohn Gottes

Umsonst emport die Holle sich

LA BELLEMONT

Armelle Morvan, soprano

Sara Ruiz, viola da gamba

Rafael Muñoz, archilaúde

Laura Puerto, clave

O xoves 7 de abril pecha o ciclo o concerto que ofrecerá o grupo Gallaecia Antiqva. Gallaecia Antiqva é un grupo especializado na interpretación de música antiga. Pola súa formación habitual, na que interveñen traverso, violín barroco, viola da gamba e violoncello barroco, non é unha formación habitual na instrumentación do mundo barroco. Nesta ocasión Gallaecia Antiqva ofrece un programa dedicado ao convulso mundo prerrevolucionario francés cun programa realmente infrecuente de autores na súa maioría moi pouco coñecidos polo gran público.

Os músicos de Gallaecia Antiqva especializáronse nas mellores escolas europeas cos intérpretes máis afamados dos seus respectivos instrumentos e teñen xa unha recoñecida traxectoria con diversas formacións dedicadas á música antiga.

PROGRAMA

JEAN- BAPTISTE QUENTIN “LE JEUNE” (1690-1742)

Sonate quatuor nº 3 Op. XV

Allegro

Adagio

Aria Moderement- Aria 2 Tendrement

Presto

LOUIS-GABRIEL GUILLEMAIN (1705-1770)

Cuarteto nº 3 Op. XII en re m.

Allegro Moderato

Larghetto

Aria-Gratioso

Allegro

FRANÇOIS JOSEPH GOSSEC (1734-1829)

Cuarteto nº1 Op 14 en Re M.

Larghetto

Allegro Moderato

Tempo di Minuetto

FRANÇOIS DEVIENNE (1759-1803)

Cuarteto nº1 Op. 66 en la m.

Allegro Amabile

Adagio

Presto

COMPOÑENTES

Manuel Morales, Traverso

David Veiga Martínez, Violín barroco

Arquímedes Artal Moreno, Viola da gamba e quintón

Juan José Díez Seoane, Violoncello barroco

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra