Presentación do documental Amarrar as palabras

Actualizado 12/07/2016 00:00

museo de pontevedra

O mércores 13 de xullo, ás oito da tarde, o salón de actos do Sexto será o escenario da presentación do documental Amarrar as palabras, dirixido e realizado por Miguel A. Romero con entrada é libre ata completar aforo.

Amarrar as palabras é un documental sobre os procesos de confluencia política e electoral que tiveron lugar en Galicia na segunda metade de 2015, e que involucraron a maior parte do nacionalismo e da esquerda estatal. O documental céntrase nos intentos de organizar unha candidatura unitaria para as eleccións estatais de decembro, e nas dúas plataformas cidadáns que, en boa medida, protagonizaron estes intentos: “Encontro Cidadán por unha Marea Galega” (próxima as mareas municipais) e “Iniciativa pola Unión” (próxima o nacionalismo máis ortodoxo), que xurdiron destes procesos para transcender as limitacións dos partidos tradicionais.

O fío condutor son as relacións entre estas plataformas, e as destas cos partidos, e a súa evolución hasta chegar a unha ruptura definitiva, e a formación de dúas candidaturas enfrontadas: “En Marea” e “Nós, Candidatura Galega”. O documental reflicte as dinámicas destes procesos, e o contexto de excepcionalidade e efervescencia política e social no que se produciron.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra