Escrito na pedra: o legado arqueolóxico do Antigo Exipto

Actualizado 14/07/2016 00:00

museo de pontevedra

O salón de actos do Sexto acollerá do 20 ao 22 de xullo un ciclo de conferencias baixo o título Escrito na pedra: o legado arqueolóxico do Antigo Exipto, a cargo de profesores do IEAE. Comezarán ás 19:30 h

O Antigo Exipto permanece presente na nosa cultura. Diariamente xorden noticias acerca de novos descubrimentos que nos achegan á realidade cotiá da sociedade humana que hai cinco milenios viviu nas beiras do río Nilo. Deuses, reis e homes comúns, compartiron o espazo naquel tempo. Hoxe os exiptólogos seguen desvelando eses segredos.

Estas V Xornadas de Exiptología de Pontevedra, aportarán novos datos sobre estas investigacións.

Profesores do Instituto de Estudios del Antiguo Egipto, participarán neste ciclo para comunicar os datos obtidos dos traballos arqueolóxicos en diversos aspectos da civilización exipcia

Programa

20 de xullo

Conferencia de ALEJANDRO SERRANO: “O Val do Nilo: da vida á morte”

21 de xullo

Conferencia de TERESA BEDMAN: “Topografía sagrada”

22 de xullo

Conferencia de FRANCISCO MARTÍN-VALENTÍN: “A Misión Arqueología Española: a campaña de 2015”

A entrada será libre ata completar aforo

Todas as xornadas comezarán as sete e media da tarde no salón de actos do Sexto Edificio (rúa Padre Amoedo, 3).

Os participantes que desexen obter diploma de asistencia deberán inscribirse previamente na Secretaría do Museo (ext. 42436).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra