Concerto do ciclo Sons no Ar-co

Actualizado 19/07/2016 00:00

museo de pontevedra

O ciclo de música Sons no Ar-co, organizado polo Museo, chega este ano á súa novena edición celebrando concertos na rúa, concretamente na contorna da Praza da Leña, á beira do arco da ponte que une os edificios Castro Monteagudo e García Flórez.

Este venres 22 de xullo ás 22:30 h terá lugar a actuación de Antonio Seijo & Skylight. Antonio Seijo, recoñecido violinista a nivel internacional, que formou parte da banda de Julio Iglesias durante sete anos, que colaborou con artistas como Bonnie Tyler, Tom Jones, ou La Unión, e que formou parte do mítico grupo Milladoiro durante case oito anos, preséntanos, xunto ao seu grupo Skylight, o seu novo espectáculo Tributo al Pop co que está celebrando os seus 30 anos enriba dos escenarios, e no que poderemos escoitar temas dos anos 80 e 90 coma Gold, La Dolce Vita ou The show must go on, entre outros, un espectáculo co que está recibindo críticas inmellorables por parte do público e da prensa.

Con máis de mil copias vendidas do seu traballo discográfico Tributo al Pop, Antonio Seijo & Skylight encherannos de maxia transportándonos coa súa música a eses anos tan marabillosos lembrándonos a nosa xuventude.


PROGRAMA:

  • Livin´on a prayer
  • Adagio
  • Allegretto
  • September
  • Sorry seens to be the hardest word
  • Feel
  • I Will Survive
  • Skyfall
  • Viva la vida
  • Don´t go breaking my heart
  • Let it be me
  • La dolce vita
  • Lela
  • I´ll stand by you
  • Gold
  • Havana
  • Careless whispers
  • The show must go on

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra