Reapertura das Ruínas de San Domingos

Actualizado 03/08/2016 00:00

museo de pontevedra

O 3 de agosto abren de novo ao público as Ruínas de San Domingos, despois de tres anos pechadas a causa das obras de consolidación que acaban de rematar. As persoas que o desexen terán, ademais, a opción de realizar visitas guiadas nas que se lles dará información sobre estes restos arquitectónicos e a súa historia.


Trátase do edificio máis antigo de todos os que forman parte do noso Museo. Consérvase unicamente a cabeceira, de cinco ábsidas -excepcional no gótico galego-, xunto con parte do muro sur da igrexa e a entrada ó capítulo do convento, fundado en torno a 1282, aínda que as obras do templo actualmente conservado non se iniciaron ata 1383, continuando ó longo do século XV. Aínda que estaba prevista a demolición das ruínas a finais do século XIX, tras diversas vicisitudes foron salvadas do derribo e declaradas monumento nacional en 1895 e elixidas como sede do museo da Sociedad Arqueológica de Pontevedra.

Os vestixios deste convento poderán ser visitados desde agora tanto polos turistas que se achegan á cidade para gozar do seu patrimonio histórico artístico, como polos propios pontevedreses que conviven a diario cos restos do seu pasado.

Horario de verán

  • De martes a sábados: de 10h a 14h
  • de 17:30h a 20:30h (en marzo, abril e outubro)
  • de 16:30h a 19:30h (de maio a setembro)
  • Domingos e festivos: de 11h a 14h
  • Luns: pechado

Horario de inverno (de novembro a febreiro)

Poden concertarse visitas para grupos. Estas dependen das condicións meteorolóxicas e da dispoñibilidade do gabinete didáctico.

Máis información e contacto en gabinetedidactico.museo@depo.es

Teléfono 986 804 100 extensión 42413 (de luns a venres de 8:30h a 14:30h)

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra