Feira Franca 2016 no Museo de Pontevedra

Actualizado 25/08/2016 13:19

museo de pontevedra

Este ano no que a Feira Franca vai estar dedicada á música, desde o Museo ofertamos as seguintes actividades:


Pequena mostra de instrumentos musicais tradicionais

Aproveitando a recoñecida colección musical de instrumentos tradicionais galegos que se conservan no Museo a partir do 30 de agosto estará exposta unha pequena selección deles no Sexto Edificio, xa que pandeiros, cornetas, chifres e mesmo zanfonas xa se tocaban nos tempos da Feira Franca.

Esta será unha ocasión para poder velos máis de cerca e imaxinar como eran as melodías que enchían as rúas de Pontevedra nos días da feira.

Datas: do 30 de agosto ó 4 de setembro

Lugar: Sexto Edificio

Horario: de martes a sábado de 10 h a 21 h

Domingo: de 11 h a 14 h


Obradoiro Crea o teu cantoral!

Durante a semana que precede á celebración da Feira Franca, levarase a cabo no Museo o obradoiro Crea o teu cantoral!

Tendo en conta a importante colección de cantorais que custodia o arquivo documental do Museo, desde o Gabinete Didáctico desenvolveuse este obradoiro no que os rapaces e rapazas poderán coñecer diferentes aspectos vinculados con estes libros musicais mentres constrúen o seu propio pequeno cantoral.

Ademais terán o luxo de poder visitar un dos exemplares conservados no museo e a pequena mostra de instrumentos musicais tradicionais.

En total realizaranse catro quendas, unha por día, para diferentes grupos de nenos e nenas.

Idade: nenos e nenas de 7 a 13 anos

Participantes: un máximo de 12 por quenda

Datas: 30 e 31 de agosto e 1 e 2 de setembro

Lugar: sala taller do Sexto Edificio

Horario: de 11 h a 13 h


INSCRICIÓN:

Pódese facer a través do teléfono 986 804 100 extensión 42413 ou na dirección de correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es (en horario de luns a venres de 8:30 a 14:00 h).

As prazas outorgaranse respectando a orde de recepción de chamadas e correos.


Obradoiro aberto: Un trobador no Museo

Pensando nos máis cativos, este ano como nova estrearemos a figura en madeira dun trobador que servirá de fío condutor para un obradoiro de pintura no que os nenos e nenas poderán pintar a silueta do trobador sobre papel para que cada un cree o seu propio personaxe.

Idade: para público infantil de todas as idades

Datas: sábado 3 de setembro

Horario: de 10:30 h a 13:30 h – 16:30 h a 19:00 h

Lugar: Sexto Edificio


Non é precisa inscrición xa que se trata dun obradoiro de acceso libre.


Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra