Montaxe da exposición Saúde e Terra irmá(n)s!

Actualizado 09/09/2016 00:00

museo de pontevedra

Estase a preparar a montaxe da exposición Saúde e Terra, irmá(n)s!, conmemorativa do centenario da fundación das Irmandades da Fala, organizada pola Real Academia Galega, a Deputación da Coruña e o Museo do Pobo Galego, na que colabora tamén a Deputación de Pontevedra. Esta mostra será inaugurada ás 20 horas do mércores 14 no segundo andar deste edificio, razón pola que o martes 13 e o mércores 14 de setembro as persoas que visiten o Museo non poderán acceder ás salas de cerámica e ás do legado Sánchez Mesas-Fernández de Tejada, de arte contemporánea e oriental.


Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra