VI ENCONTRO DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN

Actualizado 23/09/2016 00:00

museo de pontevedra

VI ENCONTRO DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN

Do 16 ao 18 de novembro celebrarase no salón de actos do Museo a sexta edición do Encontro de Conservación e Restauración organizado polo Museo de Pontevedra e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. Nesta ocasión complétase o percorrido polas distintas familias das artes decorativas, tratando todos os temas relacionados coa conservación e a restauración da cerámica, o vidro e os metais. Participarán nel os máis destacados especialistas desde unha óptica o máis multidisciplinar posible e está dirixido a todo o público interesado

O prazo de inscrición comeza o 3 de outubro e rematará o 11 de novembro de 2016.

As inscricións realizaranse na Secretaría do Museo de Pontevedra por rigorosa orde de rexistro de entrada ata completar o número de prazas (240).

Información: secretaria.museo@depo.es; teléfono 986 804 100, ext. 42436.

O público asistente recibirá un diploma acreditativo.

Está solicitado un crédito de libre configuración na Universidade de Vigo.

Folla de inscrición


PROGRAMA

Mércores 16 de novembro

8:30 h Entrega de documentación

9:30 h Acto de inauguración

10:00 h "Conservación e mantemento nun museo de coleccións eclécticas. O caso do Museo Lázaro Galdiano. Metodoloxía de traballo”

Carmen Espinosa Martín

Conservadora-xefe do Museo Lázaro Galdiano

11:30 h Pausa para café

12:00 h “Cerámica histórica española: da Baixa Idade Media a finais do século XIX” Abraham Rubio Celada

Doutor en Historia da Arte. Fundación marqués de Castrillón

13:30 h Coloquio

16:30 h “Conservación restauración do patrimonio metálico, problemática e innovación técnica

Soledad Díaz Martínez

Conservadora-restauradora do IPCE (Instituto del Patrimonio Cultural de España)

18:00 h “A conservación de armas e armaduras históricas”

Isabel Delgado Iglesias

Restauradora de Patrimonio Nacional.

19:30 h Coloquio

20:00 h Visita ás instalacións do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

 

Xoves 17 de novembro

9:30 h “Artes decorativas. Ourivería: técnicas e restauración. Cruces procesionais e outros obxectos de arte sacra e civil”

José Luis Alonso Benito

Restaurador de bens culturais.

11:00 h Pausa para café

11:30h “O inimigo na casa: contaminantes e a conservación preventiva do patrimonio cultural metálico en museos”

Diana Lafuente Fernández

Colaboradora do Instituto do Patrimonio Cultural de España (IPCE)

13:00 h Coloquio

16:30 h “Restauración de porcelana e cerámica nas coleccións reais”

Margarita Tapia

Restauradora de porcelana e vidro de Patrimonio Nacional

18:00 h “Tratamentos de  intervención en azulexería”

Begoña Carrascosa Moiner

Departamento de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Universitat Politécnica de Valencia

19:30 h Coloquio

20:00 h Visita ás instalacións do edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra

 

Venres 18 de novembro

9:30 h “Conservación-restauración de vidro. Introdución aos coñecementos básicos para o tratamento do vidro histórico”

Marta Golobardes Subirana

Conservadora-restauradora de obras de arte e bens culturais especializada en vidro

11:00 h Pausa para café

11:30 h “A función dos departamentos de conservación durante a renovación dun museo histórico”

María Antonia Moreno Cifuentes

Conservadora-restauradora

13:00 h Coloquio

13:30 h Acto de clausura


Descargar programa en pdf

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra