Ven coñecer o Museo
Actualizado 29/09/2016 00:00 museo de pontevedra A partir do sábado 1 de outubro retomaranse as visitas guiadas do programa Ven coñecer o Museo, unha invitación a descubrir a historia e as coleccións do Museo de Pontevedra. Celebraranse as fins de semana ata o 28 de maio. A participación en calquera delas é gratuíta. ![]() A Ruta do Museo Ruta guiada na que se pretende unha aproximación á historia dos seis edificios que compoñen o Museo de Pontevedra e ás principais coleccións que custodia. Data: tódolos sábados Hora: 11:30 h Punto de encontro: Ruínas de San Domingos Duración: 90 minutos Para participar é necesaria a inscrición previa a través da dirección de correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es, ou ben chamando ó teléfono 986 804 100 extensión 42413. O horario de atención de chamadas e de correos é de luns a venres de 8:30 a 14:30 h. Achégate ó Sexto! Visita guiada polo Sexto Edificio do Museo como unha primeira toma de contacto coa súa arquitectura e as súas coleccións. Data: domingos Hora: 11:30 h Punto de encontro: Sexto Edificio Duración: 90 minutos (Non é necesaria a inscrición previa) |
|
© Copyright 2004 - 2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. Pasantería, 2-12 - 36002 Pontevedra ES - Teléfono: +34 986 80 41 00 arriba | inicio | contactar | aviso legal |