Relatorio arredor do libro Protexer o invisible

Actualizado 13/10/2016 00:00

museo de pontevedra

Ateneo de Pontevedra organiza, en colaboración con Deputación e Museo de Pontevedra, un relatorio arredor do libro Protexer o invisible, de Xaime Toxo, publicado pola editorial Ancoradouro co apoio da Deputación Provincial. A actividade terá lugar o vindeiro venres 14 de outubro, ás 20 horas, no salón de actos do Sexto Edificio do Museo. O autor estará acompañado por Xosé Leal, Ramón Rozas e Antón Sobral.

Durante a presentación asistiremos tamén á actuación da poeta Carmen Quinteiro e o músico Jonathan Balbuena, e á proxección dunha videocreación sobre o libro Protexer o invisible, realizada por Manuel Reboiras.

Foto do autor: Anxo Cabada

Xaime Toxo (Bueu, 1955), Licenciado en Ciencias da Educación e mestre, presidente do Ateneo de Pontevedra, acadou premios de relato breve nos certames Manuel Murguía, Pedrón de Ouro e Concello de Paradela. Outras obras do autor son As palabras que move o mar, Escuro é o rostro da memoria e Cadernos de Mar.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra