Obradoiros de gravado. As caras de Valle-Inclán

Actualizado 27/10/2016 00:00

museo de pontevedra

O Museo, a través do seu gabinete didáctico, ofrecerá no mes de novembro dous obradoiros distintos de gravado en oco (un de augaforte e o segundo de punta seca) que pretenden explorar o potencial artístico destas técnicas e, sobre todo, achegarnos dunha forma diferente á imaxe icónica do escritor arousán, que servirá de fío condutor das prácticas que se realicen.

Os destinatarios desta actividade son as persoas interesadas a partir dos 16 anos. Previamente deberán inscribirse no Gabinete Didáctico a través do correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es ou por teléfono no 986 804 100 extensión 42413 (de luns a venres de 8:30 a 14:30). O número máximo de participantes por obradoiro será de 15 persoas.

É conveniente que os admitidos acudan ao obradoiro con roupa que se poida manchar.

O xoves 10 e venres 11 de novembro de 17 h a 20 h celebrarase o Obradoiro de gravado en oco (augaforte e técnicas aditivas). Nel exploraranse as posibilidades creativas da técnica da augaforte a dúas pranchas.

O martes 15 e mércores 16, co mesmo horario que o anterior, terá lugar o Obradoiro de gravado en oco (punta seca e técnicas aditivas). Neste mestúranse dúas técnicas distintas que combinadas sorprenden pola orixinalidade do seus resultados.

o finalizar cada asistente poderá levar un cartafol coas estampas que faga no taller.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra