Presentación de Ramón del Valle-Inclán entre Galiza e Madrid (1912-1925)

Actualizado 07/11/2016 00:00

museo de pontevedra

O mércores 9 de novembro ás 20h presentarase no salón de actos do Sexto o libro Ramón del Valle-Inclán entre Galiza e Madrid (1912-1925) do que é autor o neto do escritor, Javier del Valle-Inclán Alsina.

Presentación de Ramón del Valle-Inclán entre Galiza e Madrid (1912-1925)

Con esta obra quérese aportar algo de luz sobre os anos que Josefina Blanco e Ramón del Valle-Inclán viviron entre Galiza e Madrid, dar algunha pista sobre onde estivo e cando, as actividades e viaxes que realizou, as súas amizades… E sobre todo a mudanza ideolóxica que experimentou entre 1912 e 1925.

A pretensión é que o lector dea un paseo pola vida do autor de Divinas Palabras durante ese período, axudado polos estudos e biografías publicadas; polas memorias de persoas que o trataron; os diferentes recursos dixitais de prensa tanto española como de fóra, que abren novas posibilidades para a investigación da vida e obra de Valle-Inclán; e os documentos depositados na Universidade de Santiago de Compostela e no Arquivo Valle-Inclán.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra