Música no Museo. Concerto Gustavo Almeida & amigos

Actualizado 09/11/2016 00:00

museo de pontevedra

O sábado 12 de novembro ás 19 horas celebrarase o concerto Gustavo Almeida & amigos, espectáculo que naceu coa idea de unir a música con outras artes coma o teatro ou a poesía.

 Música no Museo. Concerto Gustavo Almeida & amigos



Almeida, ademais da súa banda, contará coa compañía dos cantautores galegos Silvia Penide e Manoele de Felisa, o arxentino de xira por Europa, Rolo Diorio, a poeta franco-portuguesa Elisabeth Oliveira e o gaiteiro Óscar Ibáñez. Será un concerto dinámico, cheo de emocións inesperadas e onde os artistas interactuarán entre eles e co público.

A entrada será gratuita ata completar aforo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra