Conferencia de José Antonio Durán sobre Alfredo Vicenti

Actualizado 18/11/2016 00:00

museo de pontevedra

O martes 22 de novembro, José Antonio Durán pronunciará unha conferencia baixo o título Alfredo Vicenti, Pontevedra e Valle-Inclán. Nela o editor, escritor e investigador experto en personaxes, sobre todo galegos dos séculos XIX e XX, falará da figura do periodista Alfredo Vicenti e a súa relación coa vila pontevedresa, con motivo do centenario do seu pasamento.

Conferencia de José Antonio Durán sobre Alfredo Vicenti


Alfredo Vicenti (1850-1916) estudou Medicina e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, aínda que nunca exerceu, pois desde moi cedo se dedicou ao xornalismo. En 1880 o cardeal Payá y Rico excomungouno o que provocou a súa marcha a Madrid. Alí substituíu a Manuel Murguía na dirección de La Ilustración Gallega y Asturiana; ademais foi unha peza importante na progresión de El Globo e El Liberal. Tamén foi impulsor da creación da Asociación de la Prensa de Madrid.

Foi amigo de Galdós, de Ramón María del Valle-Inclán e de Castelao entre outras figuras do seu tempo.

Esta conferencia celebrarase ás 20 h no salón de actos do Sexto Edificio e a entrada será libre ata completar o aforo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra