Presentación do libro Las escuelas que cambian el mundo

Actualizado 28/11/2016 00:00

museo de pontevedra

O martes 29 de novembro no salón de actos do Sexto ás sete e media da tarde presentarase o libro de César Bona Las escuelas que cambian el mundo

O novo libro de César Bona convídanos a coñecer de primeira man algúns dos casos marabillosos que están a ter lugar no ámbito educativo español, excelentes exemplos de que a educación dos nosos fillos, a forma de ensinarlles, pode facerse doutra maneira e, o mellor de todo: funciona.

Hai escolas en España que están a cambiar a educación e están preparadas para liderar unha verdadeira transformación educativa. César Bona viaxou por sete cidades e pobos seguindo o camiño dalgunhas das escolas que están a loitar para que cada neno, nena e mozo ou moza teña a oportunidade de converterse nun axente de cambio. Son lugares que contan con alumnos motivados, mestres correntes, e pais cómplices detrás que contan cun proxecto integral onde o respecto, a creatividade, a imaxinación, o traballo en equipo, a empatía e a interacción coa sociedade son o mellor camiño para completar os ensinos das materias tradicionais.

César Bona nárranos, coa súa persoal e próxima voz, o que lograron estas escolas, o novo dos seus métodos e como todos, sexa cal for a nosa idade, podemos cambiar o mundo. Non esquezamos que os nenos non son os adultos do mañá, son os nenos do presente e eles, se lles deixamos ser nenos, se lles reforzamos a súa creatividade natural, a súa imaxinación desbordante e traballamos a empatía, a solidariedade e o respecto, poden cambiar o mundo. Non no futuro, senón agora.

Porque unha nova educación non é un soño, é unha realidade.

César Bona (Ainzón, Zaragoza, 1972), converteuse hai uns meses no mellor profesor de España. A súa clave é a súa empatía, a súa capacidade para conectar cos alumnos e detectar o que lles falta e o que lles pode motivar.

Ademais da creatividade tamén quere que os seus alumnos desenvolvan o espírito crítico e saiban expor alternativas.

As súas iniciativas levárono a optar ao Global Teacher Prize, un galardón equivalente ao Premio Nobel do Profesorado, no que César contouse entre os 50 finalistas (é o único español).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra