Simposio Redes de contacto entre músicos, literatos e ideólogos na Galicia do eixe Atlántico (1875-1951)

Actualizado 29/11/2016 00:00

museo de pontevedra

As postais viaxeiras

Aproveitando que este Nadal as paredes do Museo se enchen cos debuxos e ilustracións de Miguelanxo Prado, desde o Gabinete Didáctico proponse unha actividade para os cativos e as cativas da casa que lles permita mergullarse no imaxinario do autor: peixes, gaivotas, xabarís… que inspirarán os obradoiros de Nadal e se completarán coa visita comentada á exposición.

Realizaranse seis obradoiros para 15 nenos e nenas distintos por quenda.

Datas: 27, 28 e 29 de decembro

Destinatarios: nenos e nenas de 5 a 8 anos

Nº de participantes: 15 por obradoiro

Hora: 11 h

Duración: aprox. dúas horas

Observacións: é necesario traer roupa que se poida manchar.

Datas: 3, 4 e 5 de xaneiro

Destinatarios: nenos e nenas de 9 a 13 anos.

Nº de participantes: 15 por obradoiro.

Hora: 11 h

Duración: aprox. 2 horas

Observacións: é necesario traer roupa que se poida manchar.

Inscrición: O prazo de inscrición dará comezo o luns día 5 e rematará o xoves 15 de decembro. Pódese facer chamando ó 986 804 100 extensión 42413 ou na dirección de correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es (en horario de luns a venres de 8:00 a 14:30 h).

No caso de haber máis solicitudes que prazas ofertadas, procederase a un sorteo público o martes 20 de decembro ás 10 horas no edificio Fernández López do Museo. A lista definitiva publicarase na web do Museo a partir do día 21 de decembro e tamén poderá ser consultada no punto de información do Sexto Edificio.

Conta contos: Periplo Atlántico

Polo Correo do Vento achéganos un conto de Nadal con música e ilustración mural en directo. Enrique Mauricio e Carlos Taboada realizarán unha adaptación do relato de Castelao O negriño Panchito a partir da historia dun pingüín galego que viaxa á Antártida.

Ao remate do conto os nenos e nenas realizarán un obradoiro de debuxo e poderán colorear o mural do conto.

Data: venres 30 de decembro

Destinatarios: nenos e nenas a partir de 4 anos acompañados por un adulto

Hora: 17:00 h

Lugar: Sexto Edificio

Duración aproximada: unha hora

Esta é unha actividade de balde que non precisa inscrición previa.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra